Como funciona?

Participar na campaña “Consume Dentro” é moi doado, só tes que seguir estes sinxelos pasos:

  1. Realiza a compra na túa tenda habitual ou nunha nova da Economía Solidaria.
  2. Entra na web consumedentro.red
  3. Enche o breve formulario para compartir connosco uns poucos datos de onde e que mercaches.
  4. Et voilà! Xa es parte de Consume Dentro e do Mercado social da Economía Solidaria!

Na túa primeira compra has recibir un identificativo que che convidamos a usar como avatar no teu dispositivo móbil e difundir nas túas redes sociais para compartir a alegría de ser parte desta gran familia.

A medida que consumas con outras entidades da Economía Solidaria irás coñecendo máis sobre ela e recibindo outras sorpresas, así que non deixes de contarnos e rexistrar as túas novas interaccións para seguir coñecendo os segredos que che agardan…

Entra aquí e comproba o doado que é.