Por que #ConsumeDentro?

Se es unha empresa da Economía Solidaria ou se es parte dela, como traballadora, voluntaria ou consumidora, seguramente has ter claros os motivos polos que consumir e participar no noso propio circuíto económico, como parte dela que es.

Recollémolo nestas liñas para lembrar a importancia de consumir dentro da Economía Solidaria. Porque cando Consumes Dentro estás…

  • A impulsar un consumo sustentable, transformador e con impacto social e ambiental, implicándote na construción dunha sociedade máis xusta e sustentable.
  • A contribuír a facer posibles moitos proxectos sociais que impactan en positivo no día a día daquelas persoas que máis o precisan.
  • A validar coa túa compra as prácticas de organizacións democráticas, transparentes, éticas, solidarias e sustentables.
  • A facer comunidade. A Economía Solidaria é unha gran familia e, fortalecendo o seu circuíto económico estás a coidar e pór en práctica o apoio mutuo e a solidariedade que máis nos caracteriza, a apoiar en momentos difíciles a empresas da túa contorna que coidan o que ti tamén coidas.

Porque, ademais, cando consumimos no Mercado Social da Economía Solidaria estamos directamente a consolidar o poder e a capacidade do seu circuíto económico, fortalecendo estruturas, relacións e dinámicas que:

  • Difunden o valor engadido e os beneficios dos produtos e servizos das entidades sociais, fortalecendo así o seu potencial de comercialización.
  • Fomentan espazos de intercooperación e o desenvolvemento de ferramentas de xestión, innovadoras e adaptadas ás necesidades específicas das empresas da Economía solidaria.
  • Apoian entidades cos mesmos valores que ten a entidade na que traballas ou colaboras, reforzando así o circuíto do Mercado Social da Economía Solidaria.

E é que, ademais, mercar no marco da Economía Solidaria é unha grata experiencia porque:

  • Atoparás o que precisas na túa vida diaria: alimentación, enerxía, banca, téxtil, servizos de asesoría, opcións de lecer…, recollido nun amplo catálogo de produtos e servizos do máis variado.
  • Todos os produtos e servizos proveñen de entidades sen ánimo de lucro, que apostan pola equidade, o traballo digno, a cooperación, a sustentabilidade e o compromiso coa contorna, polo que a túa compra será unha compra ética e sustentable.
  • Estarás así sendo coherente coas túas ideas, facendo do teu consumo diario unha práctica exemplar para a consolidación doutros valores máis solidarios, democráticos, xustos e sustentables.
  • É doado e agradable, porque se xera en relacións cálidas, de proximidade e confianza.
  • A satisfacción intrínseca que dá saber que destinas a túa forza económica a soster iniciativas que si te representan.

Téñoo claro, quero rexistrar a miña compra e contribuír a todo isto…